Poesía bilingüe, galego e castelán, en tiradas curtas e coidadas
Cada título nace como obxecto: papeis seleccionados, tiradas numeradas e asinadas a man. Non se trata de chegar a moitos, senón de chegar ben.
Poesía bilingüe, gallego y castellano, en tiradas breves y cuidadas
Cada título nace como objeto: papeles seleccionados, tiradas numeradas y firmadas a mano. No se trata de llegar a muchos, sino de llegar bien.
Unha colección de haikus para quen le, pensa e vive a contracorrente. Tirada numerada e asinada, coa mesma factura artesanal do resto do catálogo.
Una colección de haikus para quien lee, piensa y vive a contracorriente. Tirada numerada y firmada, con la misma factura artesanal del resto del catálogo.
Colección bilingüe impresa en papel índico, con folla de carballo prensada, recollida da terra de San Cibrao das Viñas, o lugar onde vivimos, incorporada en cada exemplar. Unha edición pensada para conservarse.
Colección bilingüe impresa en papel índico, con hoja de roble prensada, recogida de la tierra de San Cibrao das Viñas, el lugar donde vivimos, incorporada en cada ejemplar. Una edición pensada para conservarse.
Quince ciclos de haiku en edición bilingüe, con cuberta en acuarela e tipografía EB Garamond. Un percorrido polas paisaxes e desterros do Atlántico. Cada exemplar inclúe unha páxina con pétalos de rosa do xardín de Begoña.
Quince ciclos de haiku en edición bilingüe, con cubierta en acuarela y tipografía EB Garamond. Un recorrido por los paisajes y destierros del Atlántico. Cada ejemplar incluye una página con pétalos de rosa del jardín de Begoña.
Trescientos haikus que hacen dialogar a filósofos, poetas y personajes que jamás se conocieron —Spinoza, Nietzsche, Shakespeare, Rosalía, Lorca, el Quijote y muchos otros— sentados en torno a una misma mesa: la de la palabra. Un libro para pensar sonriendo, y para pasárselo bien.
Un novo libro de haikus que percorre augas mansas, enredadeiras e vagalumes, entre a calma da natureza e o agarimo máis próximo.
Un nuevo libro de haikus que recorre aguas mansas, enredaderas y luciérnagas, entre la calma de la naturaleza y el cariño más cercano.










Árbol de Tinta é unha pequena editorial independente fundada en San Cibrao das Viñas por Begoña Tejero Míguez e Matías García Fantini ao abeiro dun amor compartido pola poesía, polos libros e pola natureza.
Publicamos edicións artesás, bilingües e non venais —tiraxes breves, numeradas e asinadas—, pensadas para ser compartidas con amigos e lectores próximos, non para o mercado.
Este espazo reúne haikus, imaxes e fragmentos do noso mundo: bosques, auga, memoria, silencio e tempo.
Non pretendemos chegar moi lonxe. Preferimos chegar amodo.
Árbol de Tinta es una pequeña editorial independiente fundada en San Cibrao das Viñas por Begoña Tejero Míguez y Matías García Fantini al amparo de un amor compartido por la poesía, por los libros y por la naturaleza.
Publicamos ediciones artesanales, bilingües y no venales —tiradas breves, numeradas y firmadas—, pensadas para ser compartidas con amigos y lectores cercanos, no para el mercado.
Este espacio reúne haikus, imágenes y fragmentos de nuestro mundo: bosques, agua, memoria, silencio y tiempo.
No pretendemos llegar muy lejos. Preferimos llegar despacio.
As edicións de Árbol de Tinta son non venais: non están á venda. Cada exemplar entrégase como regalo, en tiraxes numeradas e asinadas.
Las ediciones de Árbol de Tinta son no venales: no están a la venta. Cada ejemplar se entrega como regalo, en tiradas numeradas y firmadas.
Para consultas sobre os títulos, solicitar un exemplar ou seguir o proceso creativo e as novidades da editorial.
Para consultas sobre los títulos, solicitar un ejemplar o seguir el proceso creativo y las novedades de la editorial.
Disce ut scias, etiamsi omnia ad nihilum redeant